En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.
c) Número de expedientes: 2.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
2. Obxecto da contratación:
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Marín e no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela.
c) CPV: 90911200-8 servizos de limpeza.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 24 de novembro de 2016.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.
4. Adxudicación:
– Expediente nº 53/2016: servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Marín.
Adxudicataria: Iberclean, S.L.
Data de adxudicación: 28 de decembro de 2016.
Data de formalización do contrato: 29 de decembro de 2016.
Importe de adxudicación: 164.867,79 € (IVE 21 %: 34.622,24 €). Total: 199.490,03 €, para os anos 2017 e 2018.
– Expediente nº 54/2016: servizo de limpeza no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela.
Adxudicataria: UTE Limpiezas Ponteareas, S.L. e Gallega de Proyectos y Servicios, S.L.
Data de adxudicación: 27 de decembro de 2016.
Data de formalización do contrato: 29 de decembro de 2016.
Importe de adxudicación: 159.744 € (IVE 21 %: 33.546,24 €). Total 193.290,24 €, para os anos 2017 e 2018.
Nacionalidade: española.
Vigo, 15 de febreiro de 2017
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo


