A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02099-O-2016 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
A Coruña, 15 de febreiro de 2017
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
Persoa sancionada DNI/CIF |
Infracción cometida Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
XC-02099-O-2016 8214-DVD |
Hostelería Santa Comba, S.L. B70162334 |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 7.6.2016; 18.10; AC-544; 2,1 |
Artigo 142.8 da LOTT |
Artigo 143.1.b) da LOTT |
201 € |
XC-02308-O-2016 9532-DXB |
Porto Martínez, José Manuel 76893793D |
Exceso no tempo de condución semanal (56 horas). Máis de 56 horas ata 60 horas. 26.5.2016; 10.39; AP-9; 79,5 |
Artigo 142.17 da LOTT |
Artigo 143.1.a) da LOTT |
100 € |
XC-02309-O-2016 9532-DXB |
Porto Martínez, José Manuel 76893793D |
Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 26.5.2016; 10.37; AP-9; 79,5 |
Artigo 142.17 da LOTT |
Artigo 143.1.a) da LOTT |
100 € |
XC-02311-O-2016 9532-DXB |
Porto Martínez, José Manuel 76893793D |
Diminución do descanso diario normal en máis de 1 hora (sobre 11 horas) Atenuante - Igual ou superior a 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas. 26.5.2016; 10.33; AP-9; 79,5 |
Artigo 142.19 da LOTT Artigo 141.24.4 da LOTT |
Artigo 143.1.k) da LOTT Artigo 143.1.a) da LOTT |
100 € |