Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 9 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2017/010-1).

Expediente: IN407A 2017/010-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT DC ASN-701/AS-705 Navantia, San Valentín.

Concello: Fene.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión aérea ASN-701/ASN-705 entre apoios nº D1 e nº D7 (Actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 627 m, coa orixe no apoio nº D1 existente do dobre circuíto que forman as liñas ASN-701 (expte. 17.248) e ASN-705, onde se realizan os pasos de subterráneo a aéreo das liñas subterráneas procedentes da subestación de Astano (expte. 26.343), condutor tipo: LA-110 mm2 AI, e final no apoio nº D7 existente de dobre circuíto que forman as liñas ASN-701 e ASN-705, no tramo entre subestación de Astano e o CR. Chancas (expte. 27.155).

Tramo liña de media tensión aérea ASN-701 a CT Torre (Actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 24 m, coa orixe no apoio nº D3 proxectado que substitúe ao existente LMT ASN-701, onde se realiza actualmente a derivación ao CT Torre (expte. 30.516), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no CT Torre.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do de 2 outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña