Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 13 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións de recursos de alzada no procedemento BS626F.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícanse mediante este edicto as notificacións coas resolucións sobre os recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos. As notificacións destas resolucións poñen fin á vía administrativa, contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses (2) contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De forma potestativa e de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun (1) mes contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto.

Infórmase ás persoas que se citan no anexo que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE) e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer en persoa ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Vigo, 13 de febreiro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución do recurso

Data resolución

Alonso Campo, Alexandre

39457729X

36057041315

Desestimado

28.10.2016

Biad s/s, Mina

X6027698L

36057084613

Desestimado

28.10.2016

Campos Acosta, Pedro Luis

77548670F

36038010315

Desestimado

28.10.2016

Cano Eusse, Diego Alejandro

X8274003Y

36042009315

Desestimado

9.11.2016

Caride Domínguez, Consuelo

35931909C

36057006916

Desestimado

2.12.2016

Carro Fernández, Nilder Oracio

39496256N

36057094715

Desestimado

17.11.2016

Leghrissi s/s, Hayat

X6102749K

36055001715

Desestimado

2.12.2016

Lorenzo Castro, María Isabel

76893958J

36042012016

Desestimado

16.12.2016

Navarro Espinosa, Sabrina

47821455Q

36038011915

Desestimado

25.1.2017