Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2017 Páx. 11487

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017 pola que se convocan actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder a convocatoria de formación continua.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados/as públicos/as que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua e se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.gal.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a seis en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2017, segundo a Resolución do 20 de xaneiro (DOG do 30 de xaneiro), comezarase pola letra K.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

4. As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1º. Non poden superar, en ningún caso, o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

5. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. A proba de avaliación presencial final desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso, se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade

c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

d) Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

2. Para poder superar os cursos de teleformación, é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/
modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

EP17012

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

20.4.2017

9.5.2017

12.5.2017

Proba de avaliación

11.00 h.

EP17015

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

30.4.2017

24.5.2017

29.5.2017

Proba de avaliación

10.00 h.

EP17008

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

7.9.2017

27.9.2017

3.10.2017

Proba de avaliación

9.00 h.

EP17014

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

24.5.2017

12.6.2017

15.6.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17017

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

22.9.2017

11.10.2017

17.10.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17016

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

10.10.2017

4.11.2017

9.11.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17022

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

3.11.2017

24.11.2017

29.11.2017

Proba de avaliación

12.00 h.

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

EP17013

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

50

24

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

19.4.2017

12.5.2017

18.5.2017

Proba de avaliación

11.00 h.

EP17021

Novo regulamento europeo en materia de tratamento de datos persoais

25

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Presencial

16.10.2017

23.10.2017

23.10.2017

Clases presenciais

16.30-20.30 h.

Portal de idiomas

EP17003

Lingua inglesa. Nivel básico 1 ( A1)

50

80

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

30.3.2017

23.6.2017

Varias quendas:

30.6.2017 3.7.2017 4.7.2017 5.7.2017

O día 30 de xuño das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

Os días 3, 4 e 5 de xullo das 13.00 ás 14.00 horas

EP17004

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (A2)

50

80

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

30.3.2017

23.6.2017

Varias quendas:

30.6.2017 3.7.2017 4.7.2017 5.7.2017

O día 30 de xuño das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

Os días 3, 4 e 5 de xullo das 13.00 ás 14.00 horas

EP17005

Lingua francesa. Nivel básico 1 (A1)

50

150

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

Do 24.4 a 9.7 e do 1.9 a 12.11

16.11.2017

Proba de avaliación

das 9.00 ás 15.00 h.

EP17006

Lingua francesa. Nivel básico 2 (A2)

50

150

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

Do 24.4 a 9.7 e do 1.9 a 12.11

16.11.2017

Proba de avaliación

das 9.00 ás 15.00 h.

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

EP17019

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

20.4.2017

9.5.2017

12.5.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17007

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

50

18

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

25.4.2017

12.5.2017

18.5.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17010

Como deseñar presentacións eficaces

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

5.5.2017

24.5.2017

30.5.2017

Proba de avaliación

12.00 h.

EP17020

Negociación e traballo en equipo

35

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Mixta

(Santiago de Compostela)

18.5.2017

12.6.2017

Clases presenciais

29 de maio e 6 de xuño de 16.30 a 19.30 h.

15.6.2017

Proba de avaliación

12.00 h.

EP17018

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

12.9.2017

11.10.2017

16.10.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17009

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

25.9.2017

19.10.2017

25.10.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17023

Técnicas elementais de arquivos

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

30.10.2017

23.11.2017

29.11.2017

Proba de avaliación

10.00 h.

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

EP17011

Correo electrónico corporativo

50

12

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

14.9.2017

25.9.2017

28.9.2017

Proba de avaliación

10.00 h.

Plan formativo ofimático de Galicia

EP17024

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

50

50

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

19.4.2017

7.6.2017

13.6.2017

Proba de avaliación

11.00 h.

EP17027

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

19.4.2017

7.6.2017

13.6.2017

Proba de avaliación

9.00 h.

EP17028

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

19.4.2017

18.5.2017

22.5.2017

Proba de avaliación

9.00 h.

EP17029

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

19.4.2017

18.5.2017

22.5.2017

Proba de avaliación

11.00 h.

EP17030

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

5.9.2017

4.10.2017

11.10.2017

Proba de avaliación

11.00 h.

EP17031

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

5.9.2017

4.10.2017

11.10.2017

Proba de avaliación

9.00 h.

EP17025

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

2.10.2017

20.11.2017

24.11.2017

Proba de avaliación

13.00 h.

EP17026

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal de Entes Públicos de Galicia e Institucións Públicas Autonómicas

Teleformación

2.10.2017

20.11.2017

24.11.2017

Proba de avaliación

11.00 h.