Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2016236AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 10 de xaneiro de 2017 o instrutor do procedemento ditou a proposta de resolución do expediente sancionador número 2016236AL-PO, incoado a Rosa María Moure González, propietaria do establecemento Bar Rodas 2.

Tentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícase a Rosa María Moure González o contido da referida proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, e a obter, se for o caso, unha copia, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, di que aos procedementos xa iniciados antes da entrada en vigor da lei non lles será de aplicación, polo que se rexerán pola normativa anterior.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016236AL-PO.

Denunciada: Rosa María Moure González, con NIF 36019336W.

Último enderezo coñecido: estrada de Moledo, 38, Sárdoma, 36214 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3 e 4.2 e o capítulo I puntos 1, 2 e 4, capítulo II punto 1 a), b), c) e f), capítulo V punto 1, capítulo VIII punto 1 e capítulo IX puntos 2, 3 e 4 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: dúas infraccións graves e unha leve, segundo o artigo 36 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, así como o artigo 44.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: seis mil cento dez euros e catorce céntimos de euro (6.110,14 €).

Medida cautelar proposta: manter a suspensión de actividade do establecemento Bar Rodas 2, situado na estrada de Moledo, 38, Sárdoma, do concello de Vigo.