Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2017, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 27R001-134-2016.

De acordo co previsto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación coa disposición transitoria terceira a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 24 de febreiro de 2017

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27R001-134-2016.

Interesada: Cevam Ibérica 2000, S.A.U.

CIF/NIF: A60264579.

Acto notificado: resolución de expediente.