Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11751

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo, pero non estaría garantido ese dereito se a cidadanía non tivese a posibilidade de aumentar (ou iniciar, se é o caso) o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas ás persoas adultas e ao resto da sociedade, encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre ambos os dous idiomas, o que exixe medidas favorables ao galego para alcanzar ese equilibrio.

O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atribúelle a esta as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia. Dentro da estrutura da consellería, consonte o disposto no devandito decreto, é a Secretaría Xeral de Política Lingüística o órgano encargado de executar aquelas accións necesarias para desenvolver as competencias sobre política lingüística atribuídas á consellería e, máis concretamente, atribúeselle a función de coordinación e xestión das actividades de formación e promoción da lingua galega, así como a autorización e a homologación de cursos, seminarios, encontros e congresos de formación de lingua galega e/ou de linguaxes específicas e a xestión das certificacións de aptitude do alumnado, cando proceda.

De acordo co anterior, convócanse cursos de formación de lingua galega, con carácter gratuíto, para lles facilitar ás persoas interesadas o coñecemento e o dominio da lingua galega.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.

Os cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación. Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) anunciarase, o mesmo día da publicación desta resolución, a súa convocatoria específica.

Os cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.

Segundo. Destinatarios/as dos cursos

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

Terceiro. Solicitudes e prazo

1. Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado, polo que, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo.

2. As solicitudes dos cursos de teleformación efectuaranse de acordo coa convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.

3. As solicitudes dos cursos presenciais dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permiten cubrir e editar a solicitude.

No caso de que unha persoa teña algunha discapacidade, indicará na súa solicitude o grao de discapacidade, a acreditación correspondente, así como o apoio que precisará para poder realizar o curso.

Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, para o que se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo para a presentación das solicitudes dos cursos será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Cuarto. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Nos cursos de teleformación, as persoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a documentación indicada na convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.

2. Nos cursos presenciais, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Copia do certificado de discapacidade emitido por unha Administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Quinto. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade emitido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Sexto. Resolución

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha resolución provisional que incluirá a listaxe das persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en espera, de ser o caso, para cada curso e localidade. Esta resolución provisional publicarase na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Contra esta resolución provisional poderanse presentar as alegacións que procedan e emendar as causas de exclusión, no prazo de dez días hábiles, desde o seguinte ao da súa publicación, entendendo que, de non facelo, desisten da súa petición e o seu expediente arquivarase na forma e nos termos indicados no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En todo caso, as persoas que presenten alegacións enviarán un correo electrónico ao seguinte enderezo: sxpl.formacion@xunta.gal, no cal deben indicar a data en que se presentou a alegación e o motivo desta.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha resolución definitiva que incluirá unha listaxe coas persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en espera, de ser o caso, para cada curso e localidade.

As reclamacións entenderanse contestadas mediante a publicación da resolución definitiva na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Contra a resolución definitiva pola que se asignan as prazas, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sétimo. Asignación das prazas

Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z).

Oitavo. Características dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga): contido, duración e desenvolvemento

1. Contido.

Os cursos axustaranse aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial, nos termos previstos no artigo 10 da citada lei.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga), cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. Duración.

2.1. No caso dos cursos de teleformación, a duración e a secuenciación temporal seguirán o indicado na convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.

2.2. Con carácter xeral, cada curso presencial terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día e como máximo de dúas horas e media. En casos excepcionais debidamente xustificados, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar a realización de sesións con horario diferente.

3. Desenvolvemento.

3.1. Os cursos de teleformación contarán co número de persoas que estableza a convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.

3.2. Os cursos presenciais terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30.

3.3. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar expresamente a realización de cursos que non acaden o número mínimo de alumnos, con motivación previa. Así mesmo, poderá realizar máis dunha edición do curso ou cursos que teñan unha demanda moi superior ao número máximo de alumnos, sempre que non supoña un incremento de custos.

3.4. As condicións de asistencia aos cursos de teleformación serán as establecidas na convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.

3.5. Nos cursos presenciais, o profesorado levará un control da asistencia do alumnado. Se durante os dous primeiros días do curso se dan de baixa ou non asisten as persoas inscritas nel, deberán ofrecérselles as prazas, por orde, ás persoas solicitantes que figuren na lista de espera ata completar, se é posible, o número máximo das prazas ofertadas. Para estes efectos, ao terceiro día do curso, o profesorado deberalle remitir ao gabinete provincial de normalización lingüística, por correo electrónico, a listaxe definitiva de asistentes.

Noveno. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo electrónico e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo. Datos de carácter persoal

De acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, sempre que as persoas interesadas autoricen o seu tratamento e publicación mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico dirixido a: sxt.cultura.educacion@xunta.gal.

Décimo primeiro. Recursos contra a resolución de convocatoria dos cursos

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Décimo segundo. Prazo de resolución do procedemento e sentido do silencio

De non recaer resolución expresa sobre as solicitudes presentadas no prazo de tres meses, que se contará desde a data de peche do prazo de presentación de solicitudes previsto na convocatoria, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

missing image file
missing image file

ANEXO II
Programación de cursos preparatorios para as probas Celga 2017

Provincia da Coruña:

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Cee

Código: CL320171502301

Lugar: IES Fernando Blanco Avda. Fernando Blanco, 99

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017. Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Coruña, A

Código: CL320171503001

Lugar: IES Salvador de Madariaga

Rúa Paseo de Ronda, 49

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017. Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Código: CL420171503001

Lugar: IES A Sardiñeira

Avda. da Sardiñeira, 41

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Culleredo

Código: CL320171503101

Lugar: IES Universidade Laboral

Rúa Salvador Allende, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017 Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Ferrol

Código: CL420171503601

Lugar: IES Concepción Arenal

Rúa Cuntis, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Melide

Código: CL320171504601

Lugar: IES de Melide

Rúa O Marquiño

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017 Horario: das 18.00 ás 20.30 h.

Días: de luns a xoves

Noia

Código: CL220171505701

Lugar: IES Campo de San Alberto

Rúa Egas Moniz, 6

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017 Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Ordes

Código: CL220171505901

Lugar: IES nº 1

Rúa Mestre Nicolás del Río, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Pontedeume

Código: CL320171506901

Lugar: IES Fraga do Eume

Rúa Ricardo Sánchez, 3

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Santiago de Compostela

Código: CL420171507801

Lugar: IES Arcebispo Xelmírez I

Rúa Poza de Bar, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 9.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Provincia de Lugo:

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Lugo

Código: CL420172702801

Lugar: IES Lucus Augusti

Avda. Rodríguez Mourelo, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 18.30 ás 20.30 h.

Monforte de Lemos

Código: CL320172703101

Lugar: IES Río Cabe

Rúa San Pedro, s/n

Datas: do 19.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 18.00 ás 20.00 h.

Ribadeo

Código: CL420172705101

Lugar: IES de Ribadeo

Rúa Xardín, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Sarria

Código: CL420172705701

Lugar: IES Gregorio Fdez.

Rúa Castelao, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 18.30 ás 20.30 h.

Vilalba

Código: CL320172706501

Lugar: IES Lois Peña Novo

Rúa Quart de Poblet, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Viveiro

Código: CL320172706601

Lugar: IES María Sarmiento

Rúa Misericordia, 58

Datas: do 18.4.2017 ao 9.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 18.00 ás 20.00 h.

Provincia de Ourense:

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Barco de Valdeorras, O

Código: CL320173200901

Lugar: IES Lauro Olmo

Rúa Calabagueiros, s/n

Datas: do 17.4.2017 ao 9.6.2017

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 17.30 ás 19.30 h.

Carballiño, O

Código: CL420173201901

Lugar: IES Manuel Chamoso Lamas

Rúa Estrada Pontevedra-Mesego

Datas: do 17.4.2017 ao 9.6.2017

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 18.30 ás 20.30 h.

Ourense

Código: CL420173205401

Lugar: IES Otero Pedrayo

Rúa Padre Feijóo, 19

Datas: do 17.4.2017 ao 9.6.2017

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Ribadavia

Código: CL420173206901

Lugar: IES O Ribeiro

Rúa Irmáns Álvarez Araújo, 5

Datas: do 17.4.2017 ao 9.6.2017

Días: de luns a venres

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Verín

Código: CL420173208501

Lugar: IES García Barbón

Rúa Antonio Fernández Pérez, s/n

Datas: do 17.4.017 ao 8.6.2017

Días: de luns a venres

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Xinzo de Limia

Código: CL220173203201

Lugar: IES Cidade de Antioquía

Avda. de Ourense, 186

Datas: do 17.4.017 ao 8.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Provincia de Pontevedra:

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Cambados

Código: CL320173600601

Lugar: IES Francisco Asorey

Rúa Os Caeiros, 25

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 18.00 ás 20.00 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 16.45 ás 18.45 h.

Estrada, A

Código: CL220173601701

Lugar: IES Antón Losada Diéguez

Rúa da Cultura, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Moaña

Código: CL320173602901

Lugar: IES A Paralaia

Lugar O Redondo, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Pontevedra

Código: CL420173603801

Lugar: Xunta de Galicia (Edificio administrativo)

Rúa Fernández Ladreda, 43

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 20.00 ás 22.00 h.

Días: de luns a venres

Valga

Código: CL220173605601

Lugar: IES de Valga

Rúa Baño, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 17.00 ás 20.00 h.

Días: martes, mércores e xoves

(os dous últimos días do curso das 16.30 ás 20.00 h.)

Vigo

Código: CL420173605701

Lugar: IES Ricardo Mella

Estrada Vella de Madrid, 177

Datas: do 18.4.2017 ao 7.6.2017

Horario: das 20.00 ás 22.00 h.

Días: de luns a venres

Vilagarcía de Arousa

Código: CL420173606001

Lugar: IES Armando Cotarelo Valledor

Rúa Armando Cotarelo, 4-6

Datas: do 18.4.2017 ao 8.6.2017

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Tui

Código: CL320173605501

Lugar: IES Indalecio Pérez Tizón

Avda. da Concordia, s/n

Datas: do 18.4.2017 ao 9.6.2017

Horario e días: luns e martes das 19.00 ás 21.00 h.

Mércores, xoves e venres das 18.45 ás 20.45 h.