Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0276/2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2017

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0276/2016

Alfredo Somoza Escudero

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0015/2017

Hevian Consultores Financieros, S.L.

Incoación

Xefe territorial