Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2017 Páx. 11933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de cambio de uso do Plan xeral de ordenación municipal vixente no edificio do Faro de Oza e no eido en que se asenta (expediente 631/2016/340).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso sanitario de titularidade pública SN (Pb) previsto polo Plan xeral de ordenación municipal de 2013, vixente no edificio do Faro de Oza e no eido en que se asenta, polo uso de equipamento de continxencia de titularidade pública EQ (Pb), coa finalidade de habilitar a súa utilización como local municipal de uso cidadán.

Segundo. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar este acordo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, á Autoridade Portuaria da Coruña, aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, á Sección de Patrimonio Urbanístico, ao Servizo de Edificación e á Oficina do SIX de Planeamento.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao que reciba esta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao que reciba esta notificación, de conformidade co artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de calquera outro que considere procedente.

A Coruña, 6 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Concelleiro responsable de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda