Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2017 Páx. 11991

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade á denegación de axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas das de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 29 de xaneiro de 2016.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro de 2017, cómpre efectuar a seguinte corrección no anexo (Listaxe de solicitudes de pagamento en zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña. Campaña 2016).

Na páxina 10170, onde di:

«(02) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 39 da Orde do 29 de xaneiro de 2016.

(04) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 41.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. Importe inferior a 25 €/ha de SAU.

(05) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 40.2 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. Superficie menor de 2 ha de superficie indemnizable.

(06) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 40.2 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. Carga gandeira inferior a 0,7 UGM/ha».

Debe dicir:

«(02) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 42 da Orde do 29 de xaneiro de 2016.

(04) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 44.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. Importe inferior a 25 €/ha de SAU.

(05) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 43.2 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. Superficie menor de 2 ha de superficie indemnizable.

(06) O solicitante non cumpre cos requisitos de beneficiario do artigo 43.2 da Orde do 29 de xaneiro de 2016. Carga gandeira inferior a 0,9 UGM/ha».