Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12192

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de febreiro de 2017 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante Orde do 30 de xaneiro de 2017 (DOG do 8 de febreiro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013, establece que son membros natos do consello social o reitor/a da universidade, o secretario/a xeral e o ou a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desta data.

Con data do 15 de febreiro de 2017 o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela achega copia do escrito da secretaría xeral da universidade no que se comunica que o Consello de Goberno, na sesión ordinaria do 16 de decembro de 2016, designou a Fernando de la Torre Cuevas, en representación do estudantado ante o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de Iván Rodríguez Iglesias.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro do consello social.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Fernando de la Torre Cuevas, designado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela en representación do estudantado ante o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de Iván Rodríguez Iglesias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria