Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12211

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de febreiro de 2017 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define no seu artigo 14 o consello social como o órgano de participación da sociedade na universidade, indicando que debe exercer como elemento de interrelación entre a sociedade e a universidade, e remitindo en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros, á lei da comunidade autónoma correspondente.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o consello social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema universitario de Galicia como órganos de participación da sociedade galega nas universidades e impulsan a colaboración entre estas e aquela, mediante a satisfacción polas universidades das necesidades do seu ámbito, contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria. Correspóndelle ao consello social de cada universidade a supervisión das actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servizos e promover a colaboración da sociedade no financiamento da universidade, así como cantas outras funcións lle sexan atribuídas pola Lei 6/2013, e a demais normativa aplicable.

O artigo 77 da citada Lei 6/2013, determina a composición do consello social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros. A condición de membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O membros que formaron parte do consello social ao longo do período 2012/2016, cesarán automaticamente na data de publicación desta orde con excepción dos membros que se renovan pola presente orde.

Neste sentido, a Universidade da Coruña, en uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes que lle corresponden.

Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 77.3 da Lei 6/ 2013, remitiulle ao Consello Social da Universidade da Coruña, e este á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a comunicación coa designación dos seus representantes así como, en cumprimento do artigo 78 da citada lei, o documento de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña, para o período 2017/2021, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Julio Ernesto Abalde Alonso, reitor da universidade.

– Carlos Aymerich Cano, secretario xeral.

– Ramón Alberto del Valle López, xerente.

– Salvador Naya Fernández, en representación do profesorado.

– Andres López Blanco, en representación do estudantado.

– Xosé Manuel Portela Fernández, en representación do Persoal de Administración e Servizos (PAS).

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Eduardo Álvarez González.

– Luis Ramiro Díaz López.

– Jaime Fernández-Obanza Carro.

– Alfonso Manuel López Pena.

– Luis Felipe Llamas Gómez.

– Angel Manuel Teijeiro González.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Antonio Abril Abadín, presidente do consello social.

– Severino Ares Lago.

– Nuria Blanco Santiago.

– Marta María Blanco Vispo.

– Rosa Carril Iglesias.

– José María de Miguel Gómez.

– Nona Inés Vilariño Salgado.

c) Designados polos sindicatos:

– Andrés Marcos García, por Comisións Obreiras de Galicia (CC OO).

– Alfonso Varela Vidal, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Fernando Vázquez Martínez, pola Unión General de Traballadores (UGT-Galicia).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Antonio Fontenla Ramil.

– José Ramón Romero García.

– María Teresa Valdés Blanco-Rajoy.

– José Venegas Alonso.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Sainza Ruíz Ferreño (Ferrol).

– José Manuel Sande García (A Coruña).

g) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:

– Mª Carmen Piñeiro Lemos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria