Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12235

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017 pola que se resolve a convocatoria de provisión, mediante libre designación, de dous postos do cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Convocada mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 (DOG do 4 de xaneiro de 2017) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e, polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar á funcionaria Mª de los Ángeles Hermida Paredes o posto de vicesecretario/a xeral técnico/a e á funcionaria Carmen Estévez Caamaño o posto de xefe/a de equipo da Secretaría do Equipo de Goberno.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As funcionarias nomeadas para ocupar estes postos de libre designación poderán ser apartadas discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de marzo de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo