Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de febreiro de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Conservas Pérez Lafuente, S.A., de concesión administrativa para a regularización de ocupación do dominio público portuario de Vilanova de Arousa para a explotación dunha nave para industria conserveira (expediente 13-05-15-C1).

Juan Pérez Lafuente Córdoba solicita, en nome e representación da entidade Conservas Pérez Lafuente, S.A., a concesión administrativa para a regularización da ocupación do dominio público portuario de Vilanova de Arousa con destino á explotación dunha nave para industria conserveira, segundo o proxecto de obras e actividades de melloras tecnolóxicas e sanitarias en industria conserveira de pescados e mariscos; redactado polo enxeñeiro agrónomo José Manuel Regueiro Martínez en abril de 2015.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia