Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o expediente sancionador PO-10/2017, por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que consta no anexo, mediante este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

A interesada poderá comparecer no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e a constancia do mesmo. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

De conformidade co disposto no artigo 76 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a imputada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar ante o instrutor do procedemento cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Vigo, 28 de febreiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada (comercio)

Expediente

Acto

Municipio

Cuatro Rosas Moda, S.L. (Mi Leidy Moda)

PO-10/2017

Inicio de expediente sancionador

Vigo