Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de febreiro de 2017 pola que se notifica a rectificación de erro, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus interesados ausentes na repartición (expediente PON/114/2016-S1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 26 de xaneiro de 2017, procedeu á rectificación de erro na Resolución do 22.11.2016 que de seguido se transcribe:

«Con data 22.11.2016 foi ditada resolución de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/114/2016-RP1 e orde de suspensión de obras PON/114/2016-S1.

Advertido un erro no antecedente 3 da orde de suspensión, é necesario realizar a seguinte rectificación, onde di: “3. Mediante Resolución do 21.10.2016, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou incoar expediente de reposición da legalidade en relación coas obras indicadas.“, debe dicir: “3. Mediante Resolución do 22.11.2016, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou incoar expediente de reposición da legalidade en relación coas obras indicadas.“, corrección que se efectúa ao amparo do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita rectificación de erro a Sagrario López López e Jesús Quinteiro Eiras, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita rectificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística