Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (61/2017).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ejecución de títulos xudiciais 61/2017 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Manuel Lorenzo Turnes contra a empresa SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Talleres Fernández Coruña, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución de título xudicial a favor da parte executante, Manuel Lorenzo Turnes, fronte a SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Talleres Fernández Coruña, S.L., parte executada, en forma solidaria, por importe de 21.160,60 (18.190,34 máis 10 % de xuros por mora: 2.970,26) euros de principal e máis outros 2.116,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596 clave 64 N debendo indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., Manuel Lorenzo Turnes, Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza