Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 946/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 946/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lidia Pérez Rey contra a empresa Todo Camisas, S.L., Fogasa, sobre clasificación profesional, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 59/2017.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 946/2014.

Demandante: Lidia Pérez Rey.

Letrado: Sr. Páramo Sureda.

Demandado: Todo Camisas, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza 59/2017.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017.

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por Lidia Pérez Rey contra Todo Camisas, S.A. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a suma de 4.001,68 euros polos conceptos indicados na presente resolución, así como a aboar o xuro de demora do 10 %.

2º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Todo Camisas, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza