Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017 pola que se modifica a Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da subministración de vestiario e calzado para o persoal (clave SC/17/007.08. S/001/2017).

No Diario Oficial de Galicia núm. 44, do 3 de marzo de 2017, publicouse a Resolución do 22 de febreiro, pola que se anuncia a licitación da subministración de vestiario e calzado para o persoal da AGI (Axencia Galega de Infraestruturas), de clave SC/17/007.08 e referencia S/001/2017.

Advertidos erros na publicación do prego de prescricións técnicas particulares relativas ao vestiario e calzado que rexe esta licitación, procédese a efectuar as oportunas rectificacións:

Na páxina 11, no apartado composición do ANORAK EPI, onde di: «2000mm/2000mvp»; debe dicir: «5000mm/5000mvp».

Na páxina 22, no apartado deseño de ZAPATOS DE INVERNO, onde di: «piso de sola»; debe dicir: «piso de goma».

Polo tanto, o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 29.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas