Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos de procedencia de reintegro de subvencións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedarán condicionadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentáronse as notificacións por correo certificado ás persoas interesadas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifican por medio deste anuncio as resolucións ditadas nos correspondentes expedientes.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, ou do prazo dun mes para interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 2 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D-2014/000784-1.

Acordo de procedencia de reintegro parcial da subvención.

Solicitante: Francisco Souto Méndez.

NIF/NIE: 76930992V.

Concello: Ames.

Materia: subvención á promoción de emprego polo concepto de establecemento como persoa traballadora autónoma.

Data da resolución: 1 de febreiro de 2017.

Expediente: TR341D-2014/000556-1.

Acordo de procedencia de reintegro total da subvención.

Solicitante: Mónica Esther Díaz Solís.

NIF/NIE: 32843740Q.

Concello: Sada.

Materia: subvención á promoción de emprego polo concepto de establecemento como persoa traballadora autónoma.

Data da resolución: 1 de febreiro de 2017.