Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 13 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación de gas natural denominada Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar, no concello de Arzúa (expediente IN627A 2015/20-0).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación de gas natural denominada Rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar, no concello de Arzúa (expediente IN627A 2015/20-0), mediante a Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 22 de xullo de 2016, a favor da entidade beneficiaria Gas Galicia SDG, S.A, con enderezo na rúa Lisboa, Edificio Área Central, local 31-HIJ-15707 Santiago de Compostela.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 20 de abril de 2017 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso dunha instalación de gas natural, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Arzúa, deducida da que se someteu a información pública no DOG e no BOP con datas 20.11.2015 e 6.11.2015 e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, con datas 18.11.2015 e 18.11.2015, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou os titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, aos cales se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa do Concello do dito muncipio.

Cando as persoas propietarias ou os titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña