O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 1 de febreiro de 2017, resolución pola cal se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/137/2014, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 14.1.2015 e 28.10.2015, na cal se ordena a demolición dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, soleira de formigón e alpendre, realizadas sen autorización autonómica, no lugar da Ponte-Vilabuide-Doniños, no concello de Ferrol, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Fernando Leira García, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística