Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (50/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Noya Pereira contra Masalo 10, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante, María Isabel Noya Pereira, contra Masalo 10, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, parte executada».

«Tendo presentado a traballadora María Isabel Noya Pereira escrito en que exixe o cumprimento por parte da empresa Masalo 10, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución do 22 de febreiro de 2016, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), acordo citar de comparecencia as partes e o Fogasa coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse e fixo o vindeiro 26 de abril de 2017, ás 12.30 horas, para a celebración da comparecencia. A notificación desta resolución serve como citación ás partes.

De non asistir a traballadora ou a persoa que a represente, terase por desistida na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza