Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12832

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (589/2015).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que no rolo de apelación que se dirá recaeu auto con data do 23 de maio de 2016, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Na Coruña, 23 de maio de 2016.

Visto en grao de apelación ante a sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de nos autos de oposición á execución de títulos non xudiciais 42/2013, procedentes do Xulgado de Primera Instancia número 11 da Coruña, aos que correspondeu o rolo 589/2015, nos que aparece como parte apelante: Abanca Corporación Bancaria, S.A. (antes NCG Banco, S.A.), e como apelados: Total Clean, S.L., Alberto Bodelon Alfonso, e Mª Eugenia Pérez Ferreiro; sendo designada relatora a maxistrada Mª del Carmen Vilariño López.

A sala acorda desestimar o recurso de apelación formulado pola representación procesual de Abanca Corporación Bancaria, S.A. contra o auto do 30 de xuño de 2015, ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña nos autos de que este rolo dimana, confirmando a devandita resolución; con imposición á apelante dos custos percibidos a consecuencia do recurso; e perda do depósito constituído.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de lles notificar ás partes declaradas en rebeldía Alberto Bodelon Alfonso e Total Clean, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de maio de 2016.

A letrada da Administración de xustiza