Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (591/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 591/2014 por instancia de Beatriz Hermo López contra a empresa Clínica El Pasaje, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, nos cales se ditou a Sentenza do 14 de febreiro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Desestímase a demanda interposta por Beatriz Hermo López contra a empresa Clínica El Pasaje, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e absólvese a empresa das pretensións dirixidas contra ela.

Notifíqueselle esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución e para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Clínica El Pasaje, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial