Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 12912

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de marzo de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Montespiño, de Culleredo.

A titularidade do centro privado Montespiño, de Culleredo (A Coruña), solicita a ampliación de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 4 unidades de educación secundaria obrigatoria no centro privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación: centro privado (CPR) Montespiño.

Código do centro: 15020489.

Domicilio: r/ Montespiño, 10 (A Zapateira).

Localidade: Culleredo.

Código postal: 15191.

Concello: Culleredo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 12 unidades.

Educación primaria: 12 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 4 unidades das modalidades de:

– Ciencias (2 unidades).

– Humanidades e Ciencias Sociais (2 unidades).

Segundo. Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria