Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 12991

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes, pola quenda de acceso libre, á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación, radiofísica, grupo I.

Mediante a Resolución do 30 de setembro de 2016 (DOG do 17 de outubro e BOE do 2 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación, radiofísica, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 2 de decembro de 2016 (DOG do 19 de decembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, pola quenda de acceso libre, ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de servizos administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Cuarto. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Quinto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 19 de abril de 2017, ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Facultade de Física (rúa Xosé María Suárez Núñez s/n), Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizou o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela