1. Organismo: Concello de Outeiro de Rei.
a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
b) Enderezo: praza do Concello, s/n.
c) Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.
d) Teléfono. 982 39 32 81.
e) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.outeiroderei.org
As publicacións sucesivas dos actos relativos á tramitación do contrato levaranse a cabo no perfil do contratante do Concello de Outeiro de Rei.
Os pregos de condicións administrativas particulares están publicados no perfil do contratante.
2. Obxecto do contrato e descrición do inmoble.
A porción que se vai allear ten unha superficie de 1.900 m2, dispón dun frente de parcela a vías de 25 metros lineais en cada unha das estremas con vía pública (norte e sur), correspóndese coa franxa situada ao oeste da parcela 1.5.2, de forma que estremaría: ao norte e sur, vías interiores do polígono; oeste, parcela 1.5.1, de Abel Paredes Hermida, e leste, predio matriz.
A parcela a que se vai allear está libre de cargas.
O inmoble foi adquirido polo Concello, en concepto de cesión obrigatoria documentada na escritura de compensación resultante da xestión do polígono de prescrición industrial CC1-1 fase, expedida pola notaria Monserrat Trigo Mayor, con data do 13 de xullo de 2006, número de protocolo 819. O predio matriz está inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Lugo como predio 10075, tomo 1112, libro 88, folio 53.
O predio matriz consta inventariado no Inventario de bens municipal como predio urbano número 34.
3. Tramitación e procedemento: o alleamento efectuarase en poxa pública e adxudicaráselle ao licitador que oferte o maior prezo.
4. Orzamento base de licitación: 146.300 euros. Neste prezo non se inclúen os impostos correspondentes á transmisión (IVE).
5. Garantías exixidas: provisional de 3.000 euros.
6. Condicións especiais de execución: véxanse no prego.
7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde a publicación no BOP.
b) Modalidade de presentación: en sobre pechado.
c) Lugar de presentación:
Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Outeiro de Rei.
Enderezo: praza do Concello, s/n.
Localidade e código postal: Outeiro de Rei, 27150.
Outeiro de Rei, 16 de febreiro de 2017
José Pardo Lombao
Alcalde