O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.
Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).
Félix Cabanas Muíños foi nomeado e tomou posesión no cargo de xefe de Prensa do conselleiro do Sanidade, e presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia» no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.
Procede, en consecuencia, dar publicidade do contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.
Tal e como consta no referido modelo anexo IV:
1. Non se inclúen os seguros de vida.
2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Titular do cargo: Félix Cabanas Muíños.
Cargo público orixe da declaración: xefe de Prensa do conselleiro do Sanidade.
Motivo: toma de posesión.
I. Activo.
1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 93.225,63 €.
2. Valor total doutros bens: 70.159,68 €.
3. Total: 163.385,31 €.
II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 86.055,13 €.