Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (42/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 42/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Fernández Rivadulla contra A.P.O. Infraestructuras, S.L., administración concursal de A.P.O. Infraestructuras, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 42/2014.

Demandante: Daniel Fernández Rivadulla.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandado: A.P.O. Infraestructuras, S.L.

Administrador concursal de A.P.O. Infraestructuras, S.L.

Fogasa.

Sentenza número 86/2017.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Daniel Fernández Rivadulla fronte a A.P.O. Infraestructuras, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboar ao primeiro a cantidade de 1.388,78 euros.

O Fogasa e a administración concursal da empresa demandada deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a A.P.O. Infraestructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza