Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental, se modifica, por modificación substancial, e se revisa unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, e do artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dáse publicidade á seguinte resolución:

– Resolución do 28 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se que se formula a declaración de impacto ambiental, se modifica, por modificación substancial, e se revisa a autorización ambiental integrada co número de rexistro 2005/0057_NAA/IPPC_091.

Instalación: planta de produción de clínker e cemento

Procedemento: modificación substancial e revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Cementos Cosmos, S.A.

Expediente 2016-IPPC-M-36

Localización: concello de Sarria (Lugo)

Data: 28.2.2017

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace: http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático