Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 26 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Buscás II (Ordes-A Coruña).

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Buscás II (Ordes-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia o 24 de marzo de 2006, e foi publicado e notificado na forma legalmente prevista, atopándose na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Ordes solicitou a cesión da titularidade dos predios e para os fins que se indican a seguir:

Predio nº 1269: para vía de enlace entre a N-550 e a AC-524.

Predio nº 263: para unha instalación deportiva.

Predios nos 710, 1319, 1139, 1158 e 1159: para áreas fluviales recreativas.

Predio nº 1207: para unha instalación cultural do contorno do Camiño de Santiago.

Predios nº 1287 e 1320: para punto de captación de auga.

Predio nº 32: na que se sitúa un manantial e un depósito de auga para dar servizo a unha traída de augas.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios e respecto dos cales son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Buscás II (Ordes-A Coruña), no sentido de:

1.1. Dar de alta como propietario na zona co nº 757 o Concello de Ordes.

1.2. Adxudicar ao Concello de Ordes a titularidade dos predios nos:1269, 263, 710, 1319, 1139, 1158, 1159, 1207, 1287, 1320 e 32, que causan baixa no fondo de terras da zona- para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ordes.

Santiago de Compostela. Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural (asinado dixitalmente)».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 2 de marzo de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña