Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 23 de febreiro de 2017 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 1198 (recinto 6) do polígono 10 do termo municipal de Láncara (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2017, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 1198 (recinto 6) do polígono 10 do termo municipal de Láncara (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 11 de xaneiro de 2017. O anuncio foi publicado no DOG núm. 33, do 16 de febreiro.

Lugo, 2 de marzo de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo