Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2017, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-04/506:38.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de febreiro de 2017

Mª del Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Persoas interesadas: Stefan Georgiev Georgiev e Mariyana Valentinova Goergieva.

NIF: ...289A, ...569K.

Expediente: LU-04/506:38.

Último enderezo coñecido: estrada A Fonsagrada, nº 1 (Gandaría Barreira), 27146 Bascuas. Lugo.

Acto de notificación: resolución de renuncia de vivenda.