Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo para a depuración da base de datos de entidades de poboación para a elaboración do Plan básico autonómico e normalización da toponimia na cartografía.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto de Estudos do Territorio.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 17 67.

5º. Telefax: 981 54 17 57.

6º. Correo electrónico: departamento.xuridico.iet@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a depuración da base de datos de entidades de poboación para a elaboración do Plan básico autonómico e normalización da toponimia na cartografía.

c) Prazo de execución: 3 meses desde a formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 71354000-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 33.057,85 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 33.057,85 €. Importe total: 40.000 €.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 5.2. do cadro de características e na cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio