Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Vilariño, 339-340, S.L.
Domicilio social: rúa Valiño, 5, baixo, 15707 Santiago de Compostela.
Denominación: LMTS, CS e CT: proxecto de instalación eléctrica en MT para urbanización «Lugar do Pedrouzo».
Situación: lg. do Pedrouzo, 15821 Arca, O Pino (A Coruña).
Características técnicas:
– Liña de media tensión soterrada, con inicio no centro de transformación da empresa distribuidora UDC600 (UTM: 552.425; 4.750.851), e fin na arqueta situada diante do CT, unha vez entre e saia no CT1-fase 1. Condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2), Al, lonxitude aproximada de 305 m.
– Centro de transformación (CT1-fase 1) en caseta prefabricada de formigón, con celas prefabricadas de entrada, saída e protección (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 630 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación de transformación 20 kV/420 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 14 de marzo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña