Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da subministración mediante a modalidade de renting de 60 vehículos para a campaña de saneamento gandeiro (expediente 11/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 60 vehículos –de nova adquisición– en réxime de aluguer con destino ao persoal veterinario, para a realización das súas tarefas nas campañas de saneamento gandeiro.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 48 meses. O cómputo do prazo iniciarase o 1 de xuño de 2017 ou desde a data de sinatura da acta de entrega, de ser posterior.

e) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais, por un máximo de vinte e catro meses.

f) CPV: 34100000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 963.360,00 €. IVE (21 %): 202.305,60 €. Importe total: 1.165.665,60 €.

Valor estimado: 1.445.040 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas I e J do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 881 99 53 90 e 881 99 72 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=114699.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 10 de abril de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 24 de abril de 2017.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e BOE serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de febreiro de 2017.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural