Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (613/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 613/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Cesar Valeiras Jiménez contra a empresa Newco Airports Services, S.A., Francisco Javier Ramos Benito, Juan Rafael Rial Souto, Comisión de Seguimento do ERE, Fondo de Garantía Salarial, Severino Mallo Nieto, Fernando Pombo Mallo, Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea AENA, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido

Que estimando parcialmente a demanda interposta por César Valeiras Jiménez en canto se dirixiu contra a entidade Newco Airport Services, S.A., a súa administración concursal (na persoa de Antonia Magdaleno Carmona y Pedro Tortosa Mondéjar), o Fondo de Garantía Salarial, a Comisión de Seguimento do ERE, Juan Rafael Rial Souto, Severino Mallo Nieto, Fernando Pombo Mallo e Francisco Javier Ramos Benito, debo declarar e declaro o seu mellor dereito a ocupar as prazas vacantes de operario de rampla e ORA, explicitadas no feito cuarto da demanda, condeno os aludidos demandados a estar e pasar por tal declaración e absólvoos dos seus restantes pedimentos. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Newco Airports Services, S.A., e á Comisión de Seguimento do ERE, en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia e fixar no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza