1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.
2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.
3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.
4º. Teléfonos: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.
5º. Telefax: 981 33 45 51.
6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AB-ASF1-17-002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en diferentes centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.
c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.
d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.
e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro (24) meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.
h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2 e 79710000-4.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación, se é o caso:
1º. Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.
2º. Oferta económica: ata 50 puntos.
4. Valor estimado do contrato: 3.944.500,00 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 1.840.000,00 euros. IVE: 386.400,00 euros. Importe total: 2.226.400,00 euros.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, se é o caso: véxanse os pregos.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.
c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 10.4.2017.
b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.
2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.
3º. Localidade e código postal: Ferrol 15405.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 1.3.2017.
12. Outras informacións: –.
Ferrol, 1 de marzo de 2017
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol