Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13718

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V).

BDNS (identif.): 335711.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde e nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, así como nas accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas, no marco da formación de oferta da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Tamén se inclúen as subvencións en concepto de bolsas e axudas derivadas da oferta formativa executada nos centros da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como nos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración para a impartición de formación profesional para o emprego nos centros educativos. Ademais, por medio desta orde tamén se convocan, para as anualidades 2017 e 2018, as subvencións ás cales se refire o punto anterior.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras establécense nesta orde.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 6.963.120 euros (4.642.080 euros para 2017 e 2.321.040 euros para 2018).

O importe correspondente a cada persoa beneficiaria determínase no articulado da orde, en función do cumprimento dunha serie de requisitos e do tipo de bolsa ou axuda: bolsa de asistencia, axudas de transporte, manutención e aloxamento, axudas á conciliación e axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito e, en calquera caso, antes do 15 de decembro de 2017 para aquelas bolsas e axudas correspondentes a accións formativas que finalicen ata o 15 de novembro de 2017 (incluído), e antes do 15 de xullo de 2018 para aquelas accións formativas que finalicen entre o 16 de novembro do 2017 e o 30 de xuño de 2018.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria