Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13682

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se lle dá publicidade á Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

O artigo 8 do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos, establece o Consello Reitor como órgano de goberno integrado pola Presidencia e oito vogais, xunto cunha Secretaría.

O apartado 1 do artigo 11 do referido decreto regula a composición deste Consello Reitor dispoñendo o seguinte:

«1. O Consello Reitor estará composto polos seguintes membros, que serán nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición:

a) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de comercio e o seu suplente.

b) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de industria e o seu suplente.

c) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de facenda e o seu suplente.

d) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de saúde pública e o seu suplente.

e) Unha persoa en representación da consellería competente en materia do mar e o seu suplente.

f) Unha persoa en representación da consellería competente en materia do medio rural e o seu suplente.

g) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de administracións públicas e administración de xustiza e o seu suplente.

h) Unha persoa en representación da consellería competente en materia de turismo e o seu suplente».

En virtude do anterior e unha vez feitas as designacións por parte das respectivas consellerías, é necesario facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e o artigo 11 do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos,

DISPOÑO:

Nomear vogais do Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia as seguintes persoas:

a) En representación da consellería competente en materia de comercio:

– Como vogal titular: José María Pita Ponte, xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

– Como vogal suplente: Miguel Ángel Palacios Rodríguez, xefe do Servizo de Información, Cooperación e Fomento.

b) En representación da consellería competente en materia de industria:

– Como vogal titular: Paula María Uría Traba, subdirectora xeral de Enerxía.

– Como vogal suplente: Mª Isabel Castro Sánchez, xefa do Servizo de Infraestruturas Enerxéticas.

c) En representación da consellería competente en materia de facenda e o seu suplente:

– Como vogal titular: Ángeles Vidal Ruiz, subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico.

– Como vogal suplente: Luis Emilio Araújo Rodríguez, vicesecretario xeral.

d) En representación da consellería competente en materia de saúde pública:

– Como vogal titular: Andrés Paz-Ares Rodríguez, director xeral de Saúde Pública.

– Como vogal suplente: Ángel Gómez Amorín, subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde.

e) En representación da consellería competente en materia do mar:

– Como vogal titular: Antonio Rodríguez Fernández, subdirector xeral de Pesca e Mercados de Pesca.

– Como vogal suplente: Ramón Fernández Conchas, xefe do Servizo de Mercados.

f) En representación da consellería competente en materia do medio rural:

– Como vogal titular: Ricardo Rivas Barros, subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

– Como vogal suplente: María José González González, xefa do Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria.

g) En representación da consellería competente en materia de administracións públicas e administración de xustiza:

– Como vogal titular: Nicolás Vázquez Iglesias, vicesecretario xeral.

– Como vogal suplente: José Ramón Pardo Cabarcos, subdirector xeral de Réxime Xurídico.

h) En representación da consellería competente en materia de turismo:

– Como vogal titular: José Luis Maestro Castiñeiras, director de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia.

– Como vogal suplente: Paloma Vázquez Fernández, xefa da Área Provincial de Lugo da Axencia de Turismo de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria