Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente AF e TT 2014/05.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á asociación interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado pola secretaria xeral técnica.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións, situadas na rúa do Camiño Francés, 8-10 semisoto, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: AF e TT 2014/05.

Interesada: Asociación Profesional de Selvicultores de España (Silvanus).

Acto de notificación: acordo de inicio de perda de dereito ao cobramento de axudas.