Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2017 pola que se notifica o Acordo do 27 de outubro de 2016 mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 091 e 091-bis, sito en Nigrán, relativo ao proxecto 01543 (expediente 2015/000677).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Rosa María Rodríguez Seoane o Acordo do 27 de outubro de 2016 mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 091 e 091-bis, sito en Nigrán, relativo ao proxecto 01543, expediente 2015/000677, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01543-modificación nº 1 mellora da seguridade viaria da estrada Po-325. Treito: Nigrán do p.q. 8,650 ao 15,790. Clave: Po/07/045.06.2.m1 (refundido). Tm Nigrán.

Nº de expediente: 2015/000677.

Persoa que se vai notificar: Rosa María Rodríguez Seoane.

Expropiante: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Expropiada: Rosa María Rodríguez Seoane.

Beneficiario: CMATI. Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

Predio nº: 091 e 091-bis.

Concello: Nigrán.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 11.166,18 €.