Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0079/2017-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0079/2017-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0079/2017-PPM.

Persoa interesada: Mª de los Ángeles Capido Doldán.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón María Aller, 11, 4º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-110/2017-COP.

Persoa interesada: Mercedes Reyes Fariña.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Pablo Picasso, 15, 2º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-122/2017-COP.

Persoa interesada: David Fragio Agra.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 38, 2º G, Sanxenxo, Pontevedra.

Expediente: PSC-CO-150/2017-PPM.

Persoa interesada: Francisco Manuel Velo Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Escarabote, 54, Boiro.

Expediente: PSC-CO-153/2017-PPM.

Persoa interesada: Alberto Fernández Santamaría.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Listres de Arriba, 18, Ribeira.