Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14661

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2017 de cesamento e nomeamento de membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

O presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense enviou o 9 de febreiro de 2017 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no que comunica o cesamento por petición propia dun membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, e propón o nomeamento de dúas persoas.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2014, que se publicou no DOG núm. 22, do 3 de febreiro, concedeuse a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Consideracións legais e técnicas.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités territoriais de ética da investigación. No relativo á súa composición, o artigo 9.5 sinala que «os membros destes comités serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada de homes e mulleres».

Pola súa banda, o número 6 do artigo 9 do citado Decreto 63/2013, do 11 de abril, dispón «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou por incumprimento notorio das súas funcións, a criterio do comité, e logo de audiencia do interesado».

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Revogar o nomeamento da persoa que se relaciona no anexo, por solicitude súa, como membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

Así mesmo, nomea a persoa que se relaciona no anexo, coa finalidade de manter os requisitos para a acreditación dese comité.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Revógase o nomeamento da seguinte persoa:

• Patricia Iglesias López.

Noméase a seguinte persoa:

• María Dolores Martínez Pereira, titulada en Dereito.