Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (567/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 567/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Fernández López, se ditou a seguinte resolución:

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Ter por desistida a parte demandante da demanda presentada fronte a Autos Lobelle, S.L., Lobelle Turismo, S.L., Puntiñas, S.L. e Loygonsa, S.L.

Arquívense as actuacións.

E para que sirva de notificación en legal forma a Autos Lobelle, S.L., Lobelle Turismo, S.L., Puntiñas, S.L. e Loygonsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza