Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2014/103/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ignorarse o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada, que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Lugo, 7 de marzo de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2014/103/27.

Interesado: José Manuel Salido Alcaraz.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia do 6 de marzo de 2017.