Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14912

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de dinamización xuvenil.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude. Número de expediente: 4912-336.

2. Obxecto do contrato: a programación de actividades de educación non formal, de carácter cultural, deportivas, de tempo libre, ambientais e outras que poidan estar vinculadas á temática de campamentos de verán, correspondentes ao programa Verán 2017 e a súa execución. División por lotes e número de lotes: si. Lote 1: Verán naútico. Lote 2: Verán mariñeiro. Lote 3: Verán na praia. Lote 4: Verán con temáticas ccolóxicas/ambientais, artísticas e pre-multideportivas. Lote 5: Verán en inglés. Lote 6: Campamento con Pernoita en Vigozoo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 4 meses. En calquera caso, o contrato finalizará o día 30 de setembro de 2017. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 171.912,73 euros. IVE que soportará a Administración: 17.191,27 euros. Orzamento total: 189.104,00 euros. Dotación por lotes (IVE incluído): Lote 1: 52.800 €. Lote 2: 15.840 €. Lote 3: 32.800 €. Lote 4: 49.200 €. Lote 5: 8.200 €. Lote 6: 30.264 €.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación de cada lote do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o seu destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 22 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación