Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de marzo de 2017 pola que se notifica o Acordo do 6 de outubro de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 3499, sito en Celanova, relativo ao proxecto 01213 (expediente 2016/000513).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Hros. Adolfo Nogueiras González o Acordo do 6 de outubro de 2016 que fixa o prezo xusto do predio número 3499, sito en Celanova, relativo ao proxecto 01213, expediente 2016/000513, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01213. Eixo de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: Vac A-52-Celanova Sur. Clave: Ou/01/101/01.75.1.

Nº de expediente: 2016/000513.

Persoa que se vai a notificar: Hros. Adolfo Nogueiras González.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Ourense.

Expropiado: Hros. Adolfo Nogueiras González.

Beneficiario: Autoestrada Ourense Celanova (Aucel).

Predio nº: 3499.

Concello: Celanova.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do Xurado: 10.335,00 €.